Friday 03 de May de 2024

A Inspectora de Educación, Elena Urtiaga, e o alcalde de Fene, Juventino Rrigo, visitaron o Colexio Centieiras no marco do programa “Contamos”


A vindeira semana participará no programa a concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García

Coa lectura do conto “Unha manchea de bicos” aos nenos/as de Infantil e primeiro de Primaria, a inspectora de Educación, Elena Urtiaga, abriu esta mañá no CEIP Centieiras de Fene o programa “Contamos”, iniciativa promovida pola dirección e o claustro deste centro coa que se pretende “abrir o colexio á comunidade educativa e estreitar lazos coas institucións e sociedades”. Participou tamén neste primeiro encontro o alcalde de Fene, Juventino Trigo, cuxa presencia serviu ao director de Centieiras, Antón Pena, para explicar aos nenos/as en qué consiste o traballo dun alcalde. Ámbolos dous convidados recibiron ao remate da actividade senllos lenzos pintados polo alumnado de 6º de Educación Infantil (obras inspiradas no concello de Fene e no propio CEIP Centieiras).

Aproveitando a súa participación no programa “Contamos”, o alcalde de Fene e a inspectora de Educación realizaron ao remate da sesión de lectura unha visita en profundidade polas instalacións do centro. No devir deste percorrido, Juventino Trigo e Elena Urtiaga coñeceron de primeira man cómo é o funcionamento do CEIP Centieiras e cales son as súas principais demandas, entre as que salientaron -por parte da Dirección do colexio- a necesidade dunha cuberta para o patio.

Logo desta primeira sesión, o programa “Contamos” retomarase o vindeiro martes coa visita ao colexio da Concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García.